A Fundación Carlos Velo promove a celebración dunhas xornadas sobre a figura, a obra e o legado do director coincidindo coa celebración do 110 aniversario do seu nacemento en Cartelle.

Para facer realidade este proxecto a Fundación Carlos Velo contou coa colaboración de Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e dun equipo formado por membros da fundación pertencentes á Universidade de Vigo e á Universidade de A Coruña. Durante dous días, no simposio que se desenvolverá en Compostela, incidirase en aspectos vencellados ao traballo de Carlos Velo ou á realidade das diferentes etapas e escenarios sociais nos que lle tocou vivir en España e en México.

O simposio desenvolverase os días 27 e 28 de novembro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

Programa

Día 1


MAÑÁ

10:00h. Inauguración
Román Rodríguez González (Conselleiro de Cultura e Turismo)
10:15h. Conferencia
Iván Trujillo Bolio - A relevancia de Carlos Velo no cine científico en México.

TARDE

16:00h. Mesa redonda
José Manuel Mouriño (Investigador, ensaísta e cineasta) - Ver e dar(se) a ver: Carlos Velo e os cineastas españois no exilio de 1939.
Antonio Weinrichter (Universidade Carlos III de Madrid) - Mecanismos de construción do documental de Torero!.
Miguel Anxo Fernández (Universidade de Vigo, Fundación Carlos Velo) - Carlos Velo, guionista e produtor en México.

18:00h. Conferencia
José María Paz Gago (Universidade da Coruña, Fundación Carlos Velo). Pedro Páramo: a adaptación dun clásico da novela mexicana do século XX.

Día 2


MAÑÁ

10:00h. Conferencia
Emilio Carlos García Fernández (Universidade Complutense de Madrid) - O cine en Galicia na transición do silente ao sonoro.

TARDE

16:00h. Mesa redonda
Xosé Nogueira (Universidade de Santiago de Compostela) - Carlos Velo no cine español dos anos 30.
Fernando Redondo Neira (Universidade de Santiago de Compostela) - Almadrabas: imaxes fílmicas de tradición e modernidade no eido laboral.
Xosé Enrique Acuña (Fundación Carlos Velo) - Un retorno necesario a Romancero Marroquí.

18:00h. Conferencia
Luis Álvarez Pousa - Formación e referencias intelectuais e políticas de Carlos Velo.