A Fundación Carlos Velo.
OBXETIVOS, ACTIVIDADES, ESTATUTOS E ORGANIGRAMA
Obxectivos
A Fundación Carlos Velo céntrase na investigación e na difusión da obra do cineasta e no estudo, difusión, formación e promoción das artes da imaxe, no seu máis amplo espectro, así como na organización de actividades culturais e científicas de carácter xeral e relacionadas cos fins sinalados.
O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá ser realizado directamente pola Fundación ou mediante colaboración con outras entidades, organismos, institucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais.
Actividades
Para a consecución dos fins mencionados, a Fundación pode realizar as seguintes actividades:
- a) Promover o estudio da obra de Carlos Velo en toda a súa variedade e amplitude.
- b) Organizar xornadas, cursos, seminario, ciclos, etc., arredor da súa obra cinematográfica, dos seus discípulos e do documental en xeral.
- c) Establecer relacións de cooperación coas institucións e os colectivos de dentro e fóra de Galicia, nomeadamente os colectivos mexicanos, vinculados a obra de Carlos Velo e a súa actividade en México e outros países.
- d) Promover exposicións, actividades e publicacións vinculadas coa obra de Carlos Velo no seu espectro máis amplo.
- e) Promover un fondo filmográfico e bibliográfico vinculado coa obra de Carlos Velo, ampliando ao documental en xeral, facendo fincapé na súa variante antropolóxica, etnográfica e socioeconómica no ámbito do medio rural.
- f) Promover bolsas e estímulos económicos destinados a fomentar o xénero documental en tódolos soportes e formatos.
- g) Promover a produción de materiais audiovisuais nos diferentes formatos e soportes de cara a espallar o labor de Carlos Velo, en particular os enmarcados no xénero documental.
- h) Contribuír ao espallamento e fomento do audiovisual galego en xeral en correspondencia o alento fomentado polo propio Carlos Velo.
- i) Premio Anual de referencia do Audiovisual
- j) Todos aqueloutros non especificados nos puntos anteriores e que poidan contribuír, a través da figura de Carlos Velo e do seu recoñecemento nacional e internacional, ó desenvolvemento local de Cartelle e das Terras de Celanova.
A Fundación poderá realizar actividades económicas que teñan por obxecto o cumprimento dos fins fundacionais, ou sexan complementarias ou accesorias das anteriores, con sometemento ás normas reguladoras da defensa da competencia.
Estatutos
Pode descargar dende aquí unha versión en PDF dos estatutos da Fundación Carlos Velo, así como o anuncio de publicación no DOGA (Diario Oficial de Galicia) da constitución da fundación.
Descargar estatutos Descargar Anuncio do DOGAOrganigrama
Presidenta de honra
Laura Gárdos Velo
Presidenta
Carmen Leyte Coello
Vicepresidente
Miguel Anxo Fernández Fernández
Secretaria
María Dolores Villar Álvarez
Vogais
Armando González López, José María Paz Gago, Antonio Piñeiro Feijóo, Xosé Manoel Rodríguez González, Xosé Enrique Acuña Rodríguez, Daniel Fernández Carril, Jaime Sousa Seara, Xosé Ramón Pousa Estévez, Aurelio Gómez Villar.