OBXECTIVOS

A Fundación

A Fundación Carlos Velo céntrase na investigación e na difusión da obra do cineasta e no estudo, difusión, formación e promoción das artes da imaxe, no seu máis amplo espectro, así como na organización de actividades culturais e científicas de carácter xeral e relacionadas cos fins sinalados.

O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá ser realizado directamente pola Fundación ou mediante colaboración con outras entidades, organismos, institucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais.

Máis sobre a Fundación →
Cartelle - Fundación Carlos Velo

CARLOS VELO

Biografía

Carlos Velo

Carlos Velo Cobelas,
percorrido a unha vida.

Cartelle, 1909 - Cidade de México, 1988

Fillo do médico rural José Velo Castro e de Dolores Cobelas Alberte, Carlos naceu no lugar de Pereiros, na vila ourensán de Cartelle. Fixo o ensino primario na escola da aldea e ós dez anos xa estaba no instituto de Ourense, onde remata o bacharelato en 1925 con premio extraordinario.

Nun ambiente intelectual e culturaI moi galeguizado daquela na capital provincial, fixo amizade cos irmáns Lourenzo, sobre todo con Xaquín, e comezou a súa afección ó cine, primeiro como espectador e despois como membro dun peculiar equipo de filmadores con Augusto Pacheco, Antonio Román e o propio Xaquin Lourenzo "Xocas", reunidos por veces no estudio fotográfico do pai do primeiro, José Pacheco. De seguido graduouse como mestre nacional na Escola Normal, onde frecuentan as aulas de persoeiros como Otero Pedraio e Vicente Risco. Marcha a Madrid obedecendo o desexo paterno de...

Máis sobre Carlos Velo →

SIMPOSIO

Carlos Velo na memoria. 110 anos.

Carlos Velo Simposio 110 anos

27,28 novembro 2019
Facultade CC da Comunicación

Santiago de Compostela

A Fundación Carlos Velo promove a celebración dunhas xornadas sobre a figura, a obra e o legado do director coincidindo coa celebración do 110 aniversario do seu nacemento en Cartelle.

Para facer realidade este proxecto a FCV contou coa colaboración de Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e dun equipo formado por membros da fundación pertencentes á Universidade de Vigo e á Universidade de A Coruña.

Durante dous días, no simposio que se desenvolverá en Compostela, incidirase en aspectos vencellados ao traballo de Carlos Velo ou á realidade das diferentes etapas e escenarios sociais nos que lle tocou vivir en España e en México.

Programa →

Background Image
TRAXECTORIA

Filmografía

Descubre a súa obra →

MELLOR DIRECCIÓN DO OUFF

Premio Carlos Velo

OUFF

O OUFF (Festival de Cine Internacional de Ourense) mantivo de sempre unha fonda relación co legado e a figura de Carlos Velo.

En varias edicións foi obxecto de homenaxe e na programación do OUFF son moitos os anos nos que se incluiron iniciativas vencelladas cos seus traballos e a súa memoria. Entre outras, e por citar as máis recentes, a proxección de "Pedro Páramo" na gala de clausura do OUFF 2016.

O Festival de Cine Internacional de Ourense decidiu crear o Premio Carlos Velo ao mellor director novo no ano 2001.

A denominación estivo vixente nas edicións do 2001, 2002 e 2003. Foi na edición do seguinte ano, a do 2004, cando pasou a convocarse como "Premio Carlos Velo ao Mellor Director".

Realizadores premiados →